Profesional liberal de 35 a 50 anos de idade, perfil habitual de comprador de arte
Nos últimos tempos gañaron moito peso as feiras, pero mantense o traballo e a venda de todo o ano das galerías
Trátase dun mercado con moitas capas
Comezamos por unha galería de arte contemporánea de Compostela.
"Non fai falla ter unha posición económica elitista para comprar arte. Fan falla cartos para mercar unha tablet ou ir de viaxe... Ao final, poden ser as mesmas cantidades de cartos", di o director da galería Metro, Javier Blanco
Pero é, iso si, un mercado con moitas capas. Contan que un pode mercar arte por apostar por un artista, por contribuír á cultura ou, simplemente, polo desexo de posuír certa obra.
"E gozar con ela, porque achega algo inmaterial que te vai acompañar e, dalgunha maneira, vaite facer máis feliz", subliña Blanco
Os seus clientes adoitan ser profesionais liberais de entre 35 e 50 anos.
"E, en temas de xénero, moi equilibrado", sinala o galerista
E preguntamos, tamén en Santiago, noutro tipo de local.
"Nós tentamos, dende a galería, que non sexa tan elitista", di Carlos Rodríguez dende a Galería José Lorenzo
Falan aquí de obras a partir dos 500 ou 1.000 euros.
E na Galería Metro sinalan dous motivos máis para mercar arte.
"Ao facelo, ti estás conribuíndo a que a arte siga existindo, a que os creadores sigan creando. E tamén estás a facer un investimento", apunta Javier Blanco
Entre o peto e a alma.