Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un dos feridos no incendio do barrio ferrolán de Recimil

Falece un dos feridos no incendio do barrio ferrolán de Recimil

O falecido é un mozo de mozo de 19 que non puido superar a gravidade das lesións

TVG TVG
G24.gal 23/02/2026 09:44

Unha das catro persoas feridas no incendio rexistrado en días pasados no barrio ferrolán de Recimil faleceu a causa das feridas sufridas no suceso.

Segundo informa o Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC), trátase dun mozo de 19 anos que non puido superar a gravidade das lesións que presentaba e que faleceu no Hospital Arquitecto Marcide, onde permanecía ingresado desde entón. 

O home fora trasladado ao centro sanitario por intoxicación, debido á inhalación de fume, e permanecía ingresado con prognóstico grave na Unidade de Queimados do mesmo recinto, como detallou o anterior parte médico, facilitado na mañá do pasado venres.

O parte médico do CHUAC detalla que a muller de 24 anos que presenta queimaduras de 2º grao, con afectación do 5 % do corpo en mans e pés e intoxicación por inhalación de fume, segue ingresada na Unidade de Queimados con prognóstico grave; o menor de 3 anos continúa ingresado na UCI Pediátrica con prognóstico reservado, e o varón de 49 evoluciona favorablemente ingresado en planta; trátase do bombeiro que sufriu a amputación dunha perna tras quedar atrapado un dos seus pés na autoescalera do vehículo contraincendios.

Sobre as causas do lume, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asegurou en días pasados que os primeiros informes elaborados polo corpo municipal de bombeiros sobre o incendio "apuntan a un radiador como causa" do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade