Publicador de contidos

Publicador de contidos

León XIV chama a recoller o legado de Francisco no primeiro aniversario da súa morte

León XIV chama a recoller o legado de Francisco no primeiro aniversario da súa morte

O pontífice insta a recoller o legado de Francisco "proclamando sempre a alegría do Evanxeo, anunciando a misericordia de Dios e promovendo a fraternidade entre todos os homes e mulleres do mundo"

Fies rezan antes a tumba do papa Franscisco (REUTERS/Remo Casilli) Fies rezan antes a tumba do papa Franscisco (REUTERS/Remo Casilli)
G24.gal 21/04/2026 11:53

León XIV chamou este martes para recoller o legado do seu antecesor Francisco, nunha mensaxe con motivo do primeiro aniversario do falecemento do papa arxentino cuxas "palabras e xestos permanecen", segundo o actual pontífice.

"No primeiro aniversario do nacemento ao ceo do noso querido papa Francisco, as súas palabras e os seus xestos permanecen gravados nos nosos corazóns", indicou Robert Prevost nunha mensaxe difundida na súa conta da rede social X.

O pontífice insta a recoller o legado de Francisco "proclamando sempre a alegría do Evanxeo, anunciando a misericordia de Dios e promovendo a fraternidade entre todos os homes e mulleres do mundo".

Este martes fai un ano da morte do arxentino Jorge Mario Bergoglio, o primeiro papa latinoamericano, que será lembrado en Roma con diversos actos, entre eles, unha misa na Basílica de Santa María a Maior, onde el mesmo pediu ser enterrado.

Nesa liturxia, lerase unha mensaxe do seu sucesor, León XIV, que se atopa na recta final da súa viaxe a África, onde hoxe chegará a Guinea Ecuatorial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade