Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o detido en Vigo polo atraco a tres taxistas

Prisión sen fianza para o detido en Vigo polo atraco a tres taxistas

O seu modus operandi consistía en tomar un taxi a última hora da tarde e ameazar o condutor cunha arma branca para esixirlle a recadación da xornada

G24.gal 21/04/2026 10:21 Última actualización 21/04/2026 13:23

A maxistrada da sección de instrución do Tribunal de Instancia de Vigo, praza 5, en funcións de garda, decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o presunto atracador de tres taxistas en Vigo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou de que a xuíza emitiu o auto en tres causas diferentes polos atracos cometidos os días 2, 5 e 9 deste mes e en cada unha delas o arrestado está investigado por roubo con violencia e intimidación.

Xunto a el, a Policía Nacional detivo a unha muller que o acompañou nun dos roubos. Ambos foron sorprendidos cando subtraían o combustible do depósito dun camión e os axentes relacionáronos cos atracos.

O suposto ladrón sementara o medo entre os taxistas, que xa tomaran precaucións para intentar evitar que lles volvese a roubar.

Modus operandi 

O seu modus operandi consistía en tomar un taxi a última hora da tarde e ameazar ao condutor cunha arma branca para esixirlle a recadación da xornada, ademáis de quedarse con dispositivos móbiles, xoias e outros obxectos de valor.

 O home detido solicitaba un servizo de taxi nunha mesma zona da cidade e, ao finalizar o traxecto, intimidaba ao condutor ou condutora mediante agarres violentos e o uso dunha arma branca, método polo que só nun dos roubos logrou subtraer 400 euros.

Nun dos atracos, actuou acompañado dunha muller e no último dos roubos que perpetrou, a vítima chegou a sufrir unha ferida superficial na cara durante o forcexo.

A análise dos datos facilitados polas vítimas permitiu ao Grupo Operativo de Policía Xudicial do Distrito Centro establecer unha liña de investigación sólida. A madrugada do domingo foron detidos tanto o home como a muller ao ser sorprendidos cando subtraían combustible do depósito dun camión.

Os axentes do Grupo de Atención ao Cidadán (GAC) lograron relacionar rapidamente a estas dúas persoas detidas cos roubos con violencia e intimidación cometidas contra taxistas. O home foi detido como autor de tres asaltos, mentres que a muller o foi por un dos feitos delituosos que cometeron xuntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade