Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae na Coruña unha banda tras ser sorprendida roubando nunha vivenda

Cae na Coruña unha banda tras ser sorprendida roubando nunha vivenda

O grupo ciminal especializado en roubos con forza xa tiñan acumulados 27 delitos 

G24.gal 17/08/2026 10:14

A Policía Nacional desarticulou en Madrid e Valencia dous grupos criminais itinerantes especializados en roubos con forza en vivendas que actuaban por toda España e aos que se lles atribúen, polo momento, 27 delitos. 

Na operación foron detidas sete persoas, cinco das cales ingresaron en prisión provisional por orde xudicial, No caso da banda asentada en Madrid, dous dos seus integrantes foron sorprendidos in fraganti en A Coruña cando acababan de cometer un roubo nunha vivenda.

18 roubos mediante o método impressioning

A primeira organización estaba asentada en Madrid, pero desprazábase por diferentes comuidades para seleccionar os seus obxectivos. Os investigadores atribúenlle 18 roubos con forza en domicilios. 

O grupo estaba formado por catro persoas, dous homes e dúas mulleres. Estas últimas encargábanse principalmente da loxística, como localizar vivendas de seguridade e que xestionar os vehículos, mentres que os dous homes eran os encargados de executar os roubos. 

Para acceder ás vivendas empregaban o método coñecido como impressioning, que permite realizar unha copia da chave mediante un molde e abrir a porta sen deixar danos visibles na pechadura. 

Os dous homes foron detidos na Coruña cando acababan de cometer un dos roubos. Os axentes atoparon no vehículo xoias, diñeiro en efectivo, ferramentas especializadas e un potente imán utilizado para ocultar os útiles adheríndoos á carrocería. 

As dúas mulleres foron arrestadas posteriormente durante os rexistros das vivendas de seguridade, no que se interviñeron máis xoias, ferramentas para a apertura de portas e un vehícuos de alta gama. 

Nove roubos cun método pouco habitual 

A segunda investigación permitiu desarticular outro grupo itinerante, asentado en Sagunto (Valencia), especializado en roubar vivendas mediante a aplicación de ácido nítrico no interior das pechaduras. 

Antes de actuar, os integrantes marcaban as portas cun fino fío de pegamento para ocmprobar se os moradoes estaban ou non na casa. Posteriormente introducían o ácido mediante xiringas para corroer os mecanismos da pechadra e poder abrila con ferramentas sinxelas. 

A banda concentraba a súa actividade durante fins de semana e períodos vacacionais. Os tres integrantes foron detidos in fragnati cando se preperaban para cometer novos rouos. 

No momento do arresto levaban ferramentas para forzar portas, unha botela de ácido nítrico e varias xiringas. Os investigadores puideron relacionar o grupo con nove roubos con forza en vivendas. 

As dúas investigacións continúan abertas para determinar se os grupos están relaconados con outros delitos e identificar aos propietarios dos efectos recuperados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade