Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha veciña de Coles por roubar xoias e diñeiro en vivendas en que traballaba

Detida unha veciña de Coles por roubar xoias e diñeiro en vivendas en que traballaba

Investigada outra veciña de Xinzo por un presunto roubo tras forzar a entrada á vivenda da súa exparella e subtraer varios efectos

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 05/08/2026 12:16

A Garda Civil de Ourense detivo unha veciña do lugar de Cales, no municipio ourensán de Coles, como presunta autora de varios roubos tras subtraer xoias e diñeiro en efectivo no interior das vivendas en que traballaba realizando labores domésticos.

Segundo informou a Comandancia nun comunicado, a muller de -53 anos de idade- traballaba levando a cabo labores domésticos en vivendas da zona habitadas por persoas de avanzada idade, e aproveitaba esa actividade para sutraer xoias e diñeiro en efectivo, chegando mesmo a roubar no interior dunha vivenda mentres a súa moradora estaba na misa.

Despois de realizar un rexistro domiciliario, os axentes interviñeron xoias, reloxos e diñeiro en efectivo, ascendendo o valor dos efectos roubados a 10.160 euros en efectivo e 20.200 euros en xoias.

Así, ademais de deter a muller, a Garda Civil investiga tamén un home de 26 anos que residía no domicilio. A detida enfróntase a un posible delito de roubo con forza en interior de vivenda e a catro delitos de furto.

Roubo en Xinzo

Así mesmo, outra veciña do municipio ourensán de Xinzo de Limia declarou como investigada por un delito de roubo con forza tras forzar a entrada á vivenda da súa exparella.

A investigada -de 48 anos de idade- presuntamente forzou unha fiestra e accedeu ao domicilio da súa exparella en Sandiás, apoderándose dunha videoconsola, unha televisión, roupa, documentos e 750 euros en efectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade