Publicador de contidos

Publicador de contidos

Frustran un atraco coitelo en man nun supermercado da Coruña

Frustran un atraco coitelo en man nun supermercado da Coruña

A rápida actuación dun empregado e varios clientes conseguiu reducir o home que esixía a recadación da caixa

G24.gal 07/08/2026 14:40

No supermercado da confluencia entre rolda de Nelle e o Paseo das Pontes, na Coruña, ainda non se recuperaron do susto. Era xa case a hora de peche cando un home entrou pola porta cunha capucha. Dirixiuse á liña de cobro e colocou un coteitelo no pescozo da caixeira para esixirlle a recadación.

A rápida intervención dun empregado, ao que asistiron varios clientes, evitou que o atracador puidese saír coa súa. Entre todos conseguiron reducilo ata que chegou a policía local que o acabou detendo. Afortunadamente todo quedou nun susto.

Os responsables da tenda confirmaron que a moza non sufriu feridas físicas e recupérase agora das secuelas psicolóxicas. A situación non colle por sorpresa aos comerciantes da Agra do Orzán que está fartos da situación.

"A min entráronme hai pouco pero non puideron leva nada. É que o barrio está moi perigoso", di unha comerciante.

E son os moitos os que comezan a tomar medidas para evitar roubos.
"Eu acabo de reforzar a seguridade da porta. Estamos tomando medidas para evitar que se volva repetir", di un comerciante.

O asaltante pasou nas últimas horas a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade