Unha fochanca mantén cortado o principal acceso a un polígono en Cambre
Os empresarios do Espirítu Santo, cansos da situación, manteñen que o afundimento da calzada é unha emerxencia
Reclámanlle ao Concello celeridade nas obras
Unha chapa metálica tapa o problema co que conviven os 250 empresarios do polígono do Espirítu Santo, en Cambre. O chan afundiuse hai tres meses, a reparación demora. Desde o recinto industrial, en que traballan máis de 2.500 persoas din estar cansos da situación. Aseguran que os prazos para acometer a obra que lles dá o Concello, son insostibles.
"Pensas que se pode arranxar nun par de semanas e dánche prazo de dous anos e medio", "calquera autovía sae en execución con estes prazos". "Non fai falta arranxar todo o parcial con arranxar un cacho", di Baudilio Brantuas, presidente do Polígono Espíritu Santo.
"Parece que é unha obra importante porque que está danada a tubaxe da auga". "Os enxeñeiros municipais din que non cabe un amaño parcial porque hai risco de afundimentos" afirma Nuria Asenjo, xerente do Polígono Espíritu Santo.
A situación obriga a manter cortada a arteria principal deste polígono que soporta a diario un volume de trafico elevado.
"As demais entradas dan a estradas da deputación, moi estreitas. Se vas co coche e vén un camión case non podes pasar", "Intentamos que fora obra de emerxencia din que non. Nós consideramos que é unha obra moi urxente", explica Baudilio Brantuas.
Os empresarios organízanse e estudan medidas de presión para lograr que a rúa Isaac Peral abra canto antes antes.