Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bombeiro de Ferrol ao que lle amputaron a perna tras o incendio do barrio de Recimil pasa a planta do CHUAC

O bombeiro de Ferrol ao que lle amputaron a perna tras o incendio do barrio de Recimil pasa a planta do CHUAC

O menor de tres anos continúa ingresado con prognóstico reservado na UCI pediátrica do hospital coruñés

TVG TVG
G24.gal 20/02/2026 10:57

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) emitiu este venres o último parte médico sobre a evolución dos feridos no incendio rexistrado a madrugada deste xoves no barrio de Recimil, en Ferrol.

Segundo os datos facilitados polo centro sanitario, tres dos catro ingresados permanecen en unidades de coidados especiais debido á gravidade das súas lesións.

Así, na Unidade de Queimados atópanse dous mozos, unha muller de 24 anos que presenta queimaduras de segundo grao que afectan ao 5 % do seu corpo, localizadas principalmente en mans e pés. Ademais, padece un cadro de intoxicación por inhalación de fume e o seu prognóstico é grave.

Por outra banda, o home de 19 anos está ingresado tamén con prognóstico grave debido exclusivamente a unha intoxicación por inhalación de fume.

A maior preocupación céntrase no menor de 3 anos, que continúa baixo vixilancia constante na UCI pediátrica. O equipo médico mantén para el un prognóstico reservado polo momento.

Pola contra, a nota positiva da xornada protagonízaa o bombeiro de Ferrol, un home de 49 anos, quen experimentou unha evolución favorable nas últimas horas. Tras mostrar unha melloría estable, os facultativos autorizaron o seu traslado a planta, onde continuará coa súa recuperación fóra das unidades de críticos, tras ter que amputarlle unha das súas extremidades inferiores.

O hospital confirmou que non haberá novas actualizacións públicas ata o vindeiro luns, 23 de febreiro, cando se emitirá un novo parte de evolución a partir das 12:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade