Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros forestais traballan arreo para limpar os montes antes da tempada de incendios

Os bombeiros forestais traballan arreo para limpar os montes antes da tempada de incendios

Realízanse tarefas de roce e créanse cortalumes para facilitar o acceso en caso de lumes

G24.gal 19/04/2026 15:12 Última actualización 19/04/2026 16:53

Chega a calor e con ela...o medo aos incendios nos nosos montes. Os bombeiros forestais traballan para apagalos, pero ó certo é que o seu traballo non queda só niso. Durante o resto do ano dedicanse a deixar os montes o máis limpo posible para reducir o risco dun gran lume.

"Saímos sobre 12 ou 15 persoas todos os días. Temos tres tractores e máis temos un buldócer facendo cortalumes e arranxos de pistas", comenta Alberto Castro, xefe de brigada 

Roce, poda e cortalumes...as claves para poder facilitar o control dos incendios. Ademáis, os veciños agradecen o traballo dos bombeiros forestais, xa que moitos dos camiños que fan para eles son usados tamén polos habitantes da zona.

Aínda que estes traballos son moi útiles, non eliminan ao completo o risco de incendios, polo que é moi necesario ter precacución nos días de máis calor

"O primeiro é chamar ao 085 en canto vexan algo de lume. Dispoñemos dun dispositivo moi potente de incendios e un lume se o collemos a primeira hora evitamos catástrofes maiores", comenta Alberto Castro, xefe de brigada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade