Alfoz do Castrodouro celebra a recuperación do seu nome histórico con tres foguetes
Lanzaron un por cada palabra do seu novo topónimo
Poucas novas sentaron tan ben nos últimos anos neste concello. Os veciños do antigo Alfoz celebran que agora xa son de Alfoz do Castrodouro.
"Desde a academia consideran totalmente lexitima esta restauración por ser unha débeda histórica. O topónimo mutilado non tiña tración algunha", afirma Lionel Rexes, vogal da directiva do Seminario de Estudos do Valadouro.
Para celebralo, os veciños organizaron o lanzamento de tres foguetes, un por cada palabra do novo topónimo.
"Os que temos unha idade aínda lembramos cando nos escribían e poñían Alfoz do Castrodouro. Teño 85 anos e sempre foi do Castrodouro", relatan os veciños.
Así que xa o saben, cando veñan a visitar esta parte de mariña lucense, sepán que están entrando en Alfoz do Castrodouro.