Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha ducia de concellos galegos estrearon nome este sábado

Unha ducia de concellos galegos estrearon nome este sábado

A Cañiza pasa a ser A Caniza; Cangas incorpora o apelido "de Morrazo" e Alfoz, "do Castrodouro"

Os concellos Cerdedo Cotobade, Mondariz Balneario e Oza Cesuras eliminan o guión

A Ribeira de Piquín, O Campo Lameiro, O Castro de Caldelas, O Porto do Son e O Riós engaden artigo e Pastoriza pérdeo

Cangas de Morrazo incorpora "apelido"
G24.gal 11/04/2026 08:22 Última actualización 11/04/2026 22:39

A Caniza, A Ribeira de Piquín, Alfoz do Castrodouro, Cangas de Morrazo, Cerdedo Cotobade, Mondariz Balneario, O Campo Lameiro, O Castro de Caldelas, O Porto do Son, O Riós, Oza Cesuras e Pastoriza.

Son os nomes dos doce concellos revisados pola Real Academia Galega que se actualizan a partir deste sábado, 11 de abril. O DOG publicou o venres o decreto polo que o Nomenclátor de Galicia pon ao día máis de 4.000 topónimos.

En total, modifica 2.531 topónimos: 2.335 lugares, 182 parroquias e unha ducia de concellos. Ademais, incorpora 1.655 nomes de lugares, de tal xeito que o catálogo oficial pasa a contar con 42.909 rexistros.

A Ribeira de Piquín actualiza o seu nome. Carlos Castro/EUROPA PRESS. A Ribeira de Piquín actualiza o seu nome. Carlos Castro/EUROPA PRESS.

A Consellería de Cultura subliña na resolución o "proceso de deturpación" sufrido pola toponimia galega ao longo dos séculos.

"Isto provocou que o nome patrimonial dalgúns lugares fora substituído por unha forma castelanizada, allea á lingua galega, especialmente en usos oficiais".

O nomenclátor pretende restaurar as formas históricas patrimoniais recorrendo a fontes orais e documentais, fundamentadas en "criterios técnicos, filolóxicos e históricos".

Mondariz Balneario elimina o guión Mondariz Balneario elimina o guión

Consenso cos municipios

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou o pasado 30 de marzo, día de aprobación en Consello dos cambios, a necesidade de renovar este nomenclátor que data de 2003, tras un "amplo" estudo da RAG e o consenso cos municipios.

Os criterios nos que se basean estas revisións son etimolóxicos, de documentación histórica e tradición gráfica consolidada nos dous últimos dous séculos, ademais do uso oral e escrito da veciñanza.

Consello da Xunta do pasado día 30. MONICA ARCAY CARRO. Consello da Xunta do pasado día 30. MONICA ARCAY CARRO.

Tamén se tivo en conta o respecto pola forma dialectal de cada lugar e tratouse de emendar erros, fundamentalmente no tocante ao uso de artigos.

A RAG lembra que, con base na Lei de Normalización Lingüística (1983), os topónimos de Galicia teñen como única forma oficial a galega e correspóndelle á Xunta a sanción final das denominacións de entidades de poboación que propón a academia.

Pastoriza perde o artigo Pastoriza perde o artigo

Motivación nos nomes de concellos

Os nomes de Cerdedo Cotobade e Oza Cesuras pasan a ser sen guión (estes dous concellos son os resultados de fusións), un signo que tamén perde Mondariz Balneario.

Alfoz recupera o seu nome histórico: Alfoz do Castrodouro que naceu na Idade Media e se mantivo nos séculos seguintes.

Tómase da antiga xurisdición do castelo de Castrodouro, con antecedentes que se remontan ao 1220, cando o rei Afonso VIII lle concede o privilexio de Benavente á poboación "quantum habet in termino de Ourio prol alfoz".

Segundo as motivacións detalladas pola Real Academia Galega, Cangas engade o "apelido" da península á que pertence e pasa a ser Cangas de Morrazo.

A Cañiza para a ser A Caniza A Cañiza para a ser A Caniza

A Cañiza restitúe a forma galega tradicional documentada desde antigo: A Caniza, que deriva da palabra "cana" con acepción relativa a estruturas ou obxectos realizados mediante varas ou canas tecidas.

Riós pasa a ser O Riós, "en consonancia coas súas atestacións históricas e co uso que a poboación fai do artigo". Porto do Son incorpora o artigo, ao igual que O Campo Lameiro, A Ribeira de Piquín e O Castro de Caldelas.

En cambio, Pastoriza deixa de ter o artigo.

O Castro de Caldelas pasa a ser o nome oficial deste concello O Castro de Caldelas pasa a ser o nome oficial deste concello
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade