González Seoane entra na RAG coa aposta por una lexicografía reconciliadora
O catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa ocupa a cadeira que quedara baleira pola morte de Bernardino Graña
O catedrático durante o seu discurso de entrada. EFE/Xoán Rey
Ernesto González Seoane entrou este sábado na Real Academia Galega (RAG) e fíxoo cunha firme aposta por unha lexicografía que reconcilie a dimensión normativa do dicionario coa descrición do uso real das palabras.
Este catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa ocupa a cadeira que quedara baleira pola morte de Bernardino Graña. No seu discurso, o novo membro afondou nese entendemento entre o glosario e a lexicografía descritiva.
O novo académico de número defendeu a necesidade dunha convivencia entre o dicionario, que deu lugar a interpretacións fundamentalistas, e o rexistro do uso real do vocabulario, útil para que siga desenvolvéndose.
Antón Santamarina, segundo o comunicado da RAG, deulle resposta no acto celebrado no Paraninfo da Universidade de Santiago.