Cargando resultados...
Comisados 51 quilos de polbo e centola nas rías de Vigo e Arousa esta fin de semana
Axentes de Gardacostas de Galicia abriron 11 actas de infracción e comisaron máis de 300 aparellos, nasas e miños
Tamén aprehenderon 600 metros de cabos e confiscaron 40 quilos de polbo e outros 11 de centolo
G24.gal
19/04/2026 15:00
O Servizo de Gardacostas de Galicia comisou esta fin de semana 51 quilos de polbo e centola e 300 aparellos ilegais nas rías de Vigo e Arousa.
Segundo publica este organismo nas súas redes sociais este domingo, os seus operativos saldáronse con 11 actas de infracción.
Nas inspeccións, realizadas mesmo en zonas de bateas, os axentes comisaron máis de 300 aparellos ilícitos, entre nasas, cacharros e redes. Tamén retiraron 660 metros de cabo.
Nestas actuacións, incautáronse de 40 quilos de polbo e 11 de centola.