Cargando resultados...
Arde unha vivenda unifamiliar en Vilaboa sen causar feridos
O incendio afectou o primeiro andar da casa
G24.gal
17/04/2026 21:02
O incendio declarouse pasadas as cinco da tarde deste venres no lugar de Postemirón, no concello de Vilaboa. O lume, cuxas causas aínda se descoñecen, afectou o primeiro andar da vivenda unifamiliar.
A presenza de materiais inflamables provocou que as lapas se propagaran con facilidade. A intervención dos bombeiros do Morrazo, desprazados ao lugar, conseguiu evitar danos maiores. Por sorte, non houbo feridos.