Rescatan unha persoa da auga preto da Torre de Hércules
Efectivos do equipo acuático dos Bombeiros da Coruña trasladárona ao porto de Oza en parada cardiorrespiratoria
Na Coruña, efectivos de Salvamento Marítimo rescataron esta tarde do mar o corpo dunha persoa.
Pouco antes das sete e media, un particular alertou de que había unha persoa en apuros na auga, na zona da caracola, preto da Torre de Hércules.
Ata o lugar desprazáronse o helicóptero Helimer 402, unha embarcación da Garda Civil e o equipo acuático do Parque de Bombeiros da Coruña, que enviaron unha dotación ao punto con embarcación. Precisamente, foi este equipo quen sacou a persoa da auga e a conduciu ata o peirao de Oza en parada cardiorrespiratoria.
Ao mesmo tempo, comezaron a practicar a reanimación sen que, de momento, se coñeza o resultado.
Igualmente, foron informados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron un equipo ao mesmo peirao así como axentes da Policía Local e Nacional.