Publicador de contidos

Publicador de contidos

Último intento para rescatar a balea que leva 17 días varada no Báltico

Último intento para rescatar a balea que leva 17 días varada no Báltico

Toda Alemaña está pendente de Timmy, que se converteu nun fenómeno viral no país

G24.gal 17/04/2026 19:13

A agonía da balea Timmy mantén en tensión toda Alemaña. Os medios de comunicación e as redes sociais fan un seguimento en tempo real da situación do cétaceo, que varou o último día de marzo fronte ás costas xernamas, en augas do Báltico.

Biólogos e veterinarios achéganse a ela con frecuencia para monitorear o seu estado. A balea, de 12 metros de longo e 11 toneladas de peso, está moi debilitada, sofre estrés severo e problemas de pel pola baixa salinidade da auga do Báltico. Pero de vez en cando move as aletas e levanta a cabeza fóra da auga.

Ata agora todos os intentos que se fixeron para arrastrala a mar aberto fracasaron. A última esperanza está nunha inicitativa privada que financian dous empresarios alemáns. Trátase de envolver a Timmy en dous coxíns de aire e transportala nunha plataforma flotante ata o mar do Norte, para que inicie camiño cara ao Atlántico.

Aínda que varias organizacións ecoloxistas dubidan de que o cetáceo aguante ou que estea suficientemente forte para nadar, e consideran que o máis natural é deixalo morrer en tranquilidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade