Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio destrúe parcialmente unha planta de reciclaxe de Campo Real, en Madrid

Un incendio destrúe parcialmente unha planta de reciclaxe de Campo Real, en Madrid

13 dotacións de bombeiros participaron na extinción do lume

G24.gal 17/04/2026 13:04

O incendio declarouse a primeiras horas da mañá nunha planta de reciclaxe que ocupa unha parcela de 5.000 metros cadrados no polígono industrial da localidade madrileña de Campo Real.

"A nave industrial dedicábase, sobre todo, á reciclase de electrodomésticos e de equipos eléctricos. Queimáronse na parte exterior uns mil metros cadrados e outros mil no interior da nave".

Ata 13 dotacións de bombeiros deprazáronse para combater as lapas e evitar que se propagasen ás naves lindeiras. A media mañá o incendio quedaba controlado e comezou a retirarse parte do dispositivo de emerxencias.

"Nestes momentos o traballo que queda por facer é máis de remate e de control final do propio incendio, polo que retiramos varios medios".

Unha vez extinguido, un retén de bombeiros permanecerá na zona para refrescar os restos. Polo momento descoñécense as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade