Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio provoca danos materiais nunha nave de San Cibrao das Viñas

Un incendio provoca danos materiais nunha nave de San Cibrao das Viñas

Segundo as primeiras estimacións arderon catro remolques, unha cabeza tractora e un turismo

O incendio, que puido comezar nun depósito de gasóleo, obrigou a despregar un amplo dispositivo

G24.gal 17/04/2026 08:07

Ás cinco desta madrugada declarábase un incendio na nave dunha empresa de transportes do polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Ao chegaren ao punto, os equipos de extinción comprobaron que o lume afectaba a dous tráilers cargados con pezas de vehículos. Tras un intenso traballo para conter as lapas, o incendio atópase xa controlado, aínda que os servizos de emerxencias permanecen no lugar para arrefriar a zona e evitar posibles rebrotes.

Foi un dos empregados da nave o que deu a voz de alarma ao notar un forte cheiro e comprobar despois a existencia de lapas. Os traballos foron complicados por mor da presenza de abundante marial inflamable, e os esforzos centráronse en evitar que as lapas se propagasen ás naves lindeiras. O suceso non provocou danos persoais.

Ao longo dos traballos escoitáronse fortes estouridos, xa que no interior había un vehículo cargado con volantes e airbags. Os danos materiais foron cuantiosos, xa que segundo as primeiras estimacións arderon catro remolques, unha cabeza tractora e un turismo.

No dispositivo participaron efectivos dos bombeiros de Ourense e San Cibrao das Viñas, aos que se uniu unha motobomba de Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade