Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba o Pladiga, con 213 millóns e cunha aplicación para avisar do lume entre as novidades

A Xunta aproba o Pladiga, con 213 millóns e cunha aplicación para avisar do lume entre as novidades

O plan conta este ano con máis cámaras e drons e 168 novos efectivos

G24.gal 13/04/2026 15:45

A Xunta aprobou este luns o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) para este ano que contará cunha dotación de 213 millóns. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o orzamento deste plan é un 18 por cento superior ao do ano pasado e que se trata de "a maior dotación económica" que tivo na súa historia.

Á parte da aplicación móbil para que a cidadanía poida avisar de calquera incendio e enviar datos de xeolocalización do lugar do lume ou facilitar vídeos e fotografías, entre as novidades do plan está a incorporación de 42 novas brigadas, o que supón 168 persoas máis que o anterior.

Respecto ao pasado, refórzase o convenio entre Xunta e Deputación de Ourense para crear novas brigadas na provincia, que pasan de dezaseis a vinte e dúas que van traballar seis meses, de maio a novembro. A maior parte do presuposto deste convenio esta destinado ao personal pero tamén a maquinaria.

Ademais, ampliarase a rede de videovixilancia ata as 241 cámaras operativas, desde as 180 actuais e incorporaranse drons de última xeración, mentres que a unidade de directores de extinción fronte aos grandes incendios pasará de 6 a 15 efectivos.

En total, o dispositivo contará cunhas 7.000 persoas, tendo en conta as que levan a cabo os labores preventivos que se realizarán en máis de 33.000 hectáreas, ao elevarse a 35 o número de parroquias de alta actividade incendiaria, 11 máis ca o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade