A Xunta instalará caixeiros autoservizo nas 54 oficinas de emprego de Galicia
Neles poderase renovar a demanda de emprego, solicitar cita previa ou obter informes administrativos
A iniciativa enmárcase nun proceso de modernización do servizo de emprego ao que Xunta destina 8 millóns de euros este ano
As 54 oficinas de emprego de Galicia contarán con caixeiros autoservizo, onde se poderá renovar a demanda de emprego, solicitar cita previa ou obter informes administrativos. Nunha fase piloto, os usuarios xa fixeron 2.000 xestións nestas máquinas instaladas nas zonas de Pontevedra, A Coruña Centro e Santiago norte.
Á vista destes resultados, a Xunta completará ao longo deste ano súa a implantación en todas as oficinas, garantindo a cobertura de todo o
territorio e dando resposta ás necesidades dunha cidadanía cada vez máis dixitalizada, nun contexto en que as renovacións telemáticas pasaron do 33 % en 2019 a superar o 90 % na actualidade.
Os caixeiros autoservizo están deseñados como unha ferramenta de uso sinxelo e guiado, cunha interface clara e intuitiva que permite á cidadanía realizar de maneira autónoma, inmediata e segura os principais trámites sen necesidade de atención presencial directa.
O proceso de dixitalización e reforzo das canles de atención á cidadanía, como estas máquinas, enmárcase no orzamento global destinado ao proceso de modernización do servizo de emprego ao que Xunta destina 8 millóns de euros este ano.