Cortada ao tráfico a autovía AG-53 Santiago-Ourense entre Maside e a autovía das Rías Baixas
O peche débese a traballos de conservación da Xunta
TVG
Un treito da autovía AG-53 Santiago-Ourense está cortado ao tráfico entre Maside e a autovía das Rías Baixas por obras de conservación.
O peche é no sentido Ourense e será efectivo ata o venres 27 de febreiro á unha da tarde. Haberá que circular pola N-541 entre Maside e a A-52.
Non é a primeira vez que se produce este corte neste treito. Xa no pasado outono estivo condicionada a circulación durante tres semanas, o que ocasionou en momentos puntuais atascos na nacional.
As tarefas enmárcanse no programa da Xunta de inspección das estradas, para preservar a seguridade viaria e alongar a vida útil das infraestructuras. Neste caso ten afección especial a ponte sobre o río Miño entre os concellos de Punxín e Ourense.