Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lorenzana, sobre Altri: “A desconexión eléctrica é unha decisión política que condena Lugo ata 2030”

Lorenzana, sobre Altri: “A desconexión eléctrica é unha decisión política que condena Lugo ata 2030”

A conselleira de Economía e Industria recoñece que o proxecto "está morto" e carga contra o BNG e o PSdeG: "Non pode ser que por facer política e conseguir pancartas acaben destrozando Galicia"

A Xunta pretende exportar outros parques eólicos as rebaixas dun 80 % no consumo eléctrico aplicadas nos municipios de Ribadeo, Trabada e Barreiros

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, este luns nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 23/02/2026 09:51

conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, considera "morto" o proxecto de Altri despois de que o Goberno deixara a provincia de Lugo fóra da planificación eléctrica.

Nunha entrevista no 'Bos días' da TVG, a responsable de Economía do Goberno galego sinala que a Xunta decidíu iniciar os trámites para arquivar o proxecto porque "non podemos loitar contra unha fábrica que non se pode conectar".

Lorenzana ve razóns "políticas" na decisión do Goberno de non construír en Lugo unha subestación eléctrica e carga contra socialistas e nacionalistas por presionar ante o Executivo central para que este proxecto quedara enterrado: "Non pode ser que por facer política e conseguir pancartas acaben destrozando a Galicia".

A conselleira alerta de que esta decisión supón un problema "gravísimo" non só para Altri senón tamén para toda a provincia, xa que este territorio queda "condenado" e non poderá albergar ningunha industria ata 2030, cando se aprobe unha nova planificación. 

Lorenzana asegurou que, rematado o prazo de alegacións, as posibilidades de modificar o documento “son poucas” e acusou ao BNG e ao PSdeG de torpedear este proxecto. "O PSdeG foi detrás do que Ana Pontón decidíu", afirma. "É irresponsable que mentres outros terrtorios se pelexan por conseguir conexións, BesteIro diga que está feliz de ter conseguido isto; a historia xulgará".

A veciñanza de Ribadeo, Trabada e Barreiros terán descontos do 80 % na factura da luz

Na entrevista a conselleira referiuse aos beneficios que suporá para a veciñanza dos concellos de Ribadeo, Trabada e Barreiros a adqusición do parque eólico de Mondigo por parte da empresa semipública Recursos de Galicia, da que a Xunta é o accionista principal.

Os fogares situados nun radio de dous quilómetros arredor desta instalación terán unha rebaixa do 80 % no seu consumo eléctrico sen que sexa preciso cambiar de comercializadora.  Os veciños terán que achegar as últimas 12 facturas e tramitar a solicitude a través dunha web que xa está operativa. Trátase dun procedemento “sinxelo”, segundo a conselleira.

A Xunta colaborará cos concellos e enviará persoal de RDG para asistiras persoas con máis dificultades no manexo informático, co obxectivo de que “ninguén quede sen o desconto”.

Lorenzana sinalou que este é o primeiro paso dun modelo que se pretende replicar noutros parques eólicos de Galicia co obxectivo d eque o 100 por cento da enerxía que se produza en Galicia repercuta nos galegos".

Ademais, a conselleira defende o potencial da eólica mariña sempre que haxa compensacións económicas e sociais e exista un "máximo respecto á actividade pesqueira".

Galicia consolida oo quinto posto en exportacións malia o contexto xeopolítico

No eido económico, Lorenzana destacou que Galicia superou en 2025 os 30.000 millóns de euros en exportacións, consolidándose como a quinta comunidade a nivel estatal, por riba do País Vasco.

A conselleira salienta que os datos son "moi bos " malia que o contexto internacional é “complicadísimo”. De cara ao futuro, avanzou que será preciso traballar “empresa a empresa” para consolidar estes datos, dado que dentro dun mesmo sector existen realidades moi distintas.

A maior parte das exportacións concéntranse no mercado europeo, polo que o reto pasa por explorar novos destinos, incluídos os Estados Unidos e mercados emerxentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade