Miranda destaca o apoio unánime no Parlamento Europeo á emenda do Corredor Atlántico
"De nada serve ter un tren de alta velocidade se non hai unhas infraestruturas de proximidade e un servizo que chegue a todas as galegas e os galegos", destacou
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, puxo en valor o voto unánime que este martes alcanzaron as emendas presentadas pola súa formación ao informe "Mecanismo Conectar Europa (CEF)" na Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo.
Nun comunicado, o Bloque destacou que, entre as súas prioridades, destacan a finalización do Corredor Atlántico e a renovación de infraestruturas ferroviarias abandonadas, a conexión coas redes transeuropeas de transporte coas redes secundarias, no caso de existir proxectos como as redes de proximidade, que tamén poidan aspirar a proxectos financiados por ese mecanismo Conectar Europa das Redes Transeuropeas.
"De nada serve ter un tren de alta velocidade se non hai unhas infraestruturas de proximidade e un servizo que chegue a todas as galegas e os galegos", destaca