Publicador de contidos

Publicador de contidos

"A violencia política do BNG proba o acerto do pacto pola lingua co PSdeG", di o conselleiro de Educación

"A violencia política do BNG proba o acerto do pacto pola lingua co PSdeG", di o conselleiro de Educación

Román Rodríguez cualificou o acordo como unha "aposta polo equilibrio lingüístico e a igualdade de competencias entre as nosas linguas"

López Campos: "Precisamos unha ferramenta para o galego que se adapte aos novos tempos"

Europa Press
G24.gal 25/09/2026 17:02

O conselleiro de Educación dixo este venres que a “violencia política coa que arremeteu o Bloque Nacionalista Galego” contra o acordo pola lingua que selaron o Partido Popular e o PSdeG é “o mellor indicador de que acertamos”.

“Toda a estutura do non, aposta pola inmersión lingüística, e creo que o que se asinou este xoves aposta polo equilibrio lingüístico e a igualdade de competencias entre as nosas linguas”, declarou o conselleiro de Educación.

“Aposta pola estabilidade, algo que é tremendamente importante, e aposta polo futuro”, engadiu.

“Creo que a violencia política con arremeteuna o Bloque Nacionalista Galego contra este acordo é o mellor indicador de que acertamos. O mellor indicador de que acertamos é a reacción tan violenta do BNG. É unha violencia radical”, concluíu. 

Para o BNG, o Pacto pola Lingua non cambia nada nas políticas da Xunta. Critican ó PSdeG por ter facilitado ese acordo. Fanno, dí o BNG, a cambio dun prato de lentellas.

Os socialistas, pola súa banda, reiteran a súa postura: a política debe ser útil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade