O Goberno intentará aprobar o decreto de vivenda este martes
O Executivo estuda as peticións de Junts, ao tempo que Sumar esixe a expropiación do piso no que viviu Maricarmen
O PP acusa ao Goberno de utilizar este caso politicamente
O desafiuzamento de Maricarmen reabre o debate sobre o mercado da vivenda
O desafiuzamento de Maricarmen activou o debate político sobre a vivenda. O Goberno e os seus socios buscan agora un acordo para levar ao Consello de Ministros do martes un real decreto lei con distintas medidas sobre vivenda.
Hai vontade de acordo. Pero hai un asunto que reclama Sumar, a expropiación do que era o piso de Maricarmen. "Imolo defender" dixo Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais. A parte socialista do Goberno non o ve tan claro: Félix Bolaños asegura que non ten encaixe facil na Constitución.
Entenden que a lei non ampara a Maricarmen. A segunda subrogación, como era este caso, non está protexida salvo en caso de discapacidade superior ao 65 por cento. Maricarmen tena do cincuenta. Para evitar novas situacións, a maquinaria política está en marcha.
Ese novo real decreto lei necesitaría os votos de Podemos e Junts. Os independentistas estarían dispostos a aceptar a moratoria antidesafiuzamentos en vivendas de fondos voitre. E protexer con axudas os casos de desafiuzamentos de vivendas de pequenos propietarios.
Podemos non garante o apoio. Sinala que sería un parche. E reprocha ao Goberno que negocie con Junts. Pola sua parte dende o Partido Popular acusan ao Goberno de utilizar a situación de Maricarmen. E Núñez Feijóo sinala que situacións excepcionais como esta requiren respostas excepcionais
.