Cargando resultados...
Preguntas orais ao presidente da Xunta no Parlamento de Galicia
A oposición preguntará a Rueda pola situación da vivenda e os dereitos da cidadanía galega
Poden seguir a sesión en G24.gal
Arquivo
G24.gal
23/09/2026 07:37
Ás dez da mañá arrinca no Parlamento Galego a sesión de control. Será coas preguntas orais ao presidente da Xunta. O voceiro do grupo socialista José Ramón Gómez Besteiro preguntará a Alfonso Rueda polas previsións do Goberno galego no que atinxe á adopción de
medidas para garantir con efectividade e igualdade os dereitos da cidadanía galega á marxe do lugar de residencia.
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego Ana Pontón poñerá o foco nas medidas que prevé adoptar o Goberno galego ante o forte
incremento dos prezos da vivenda.
Poden seguir a sesión en G24.gal.