Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa León XIV oficia unha misa ante 700.000 persoas en París

O papa León XIV oficia unha misa ante 700.000 persoas en París

É o acto máis multitudinario da súa visita apostólica a Francia

directo
G24.gal 26/09/2026 20:27

León XIV foi aclamado por milleiros de persoas no seu percorrido en papamóbil polos Campos Elisios, onde fixo pequenas paradas para bendicir algúns nenos.

O pontífice chegou así á praza da Concordia para celebrar unha misa ante 700.000 persoas, o acto máis multitudianario da súa visita apostólica a Francia. 

León XIV díxolles aos fieis que fora confirmalos na súa fe. Pediulles que non a garden só para eles e instounos a levar a esperanza onde reina o desalento.

Na cerimonia estiveron presentes a esposa do presidente francés, o primeiro ministro do país e varios candidatos ao Elisio. 

O Papa acudira pola mañá a un centro de acollida para migrantes. Alí pediu que se honrase a dignidade de cada persoa e fixo un chamado a rescatar os escravizados pola economía e a cultura.

O pontífice xa deixou París e trasladouse a Lourdes, onde este domingo ten previsto, entre outros actos, unha reunión con vítimas de abusos.  

A viaxe rematará o luns en Metz, no noreste do país, onde presidirá un encontro interrelixioso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade