Evacúan unha vivenda no Porriño por un incendio causado por un deshumidificador
O suceso, ocorrido de madrugada, non ocasiouno danos persoais, logo de que a familia que vive na casa escoitase un estoupido e abandonara o domicilio
Os bombeiros do Porriño sufocaron esta madrugada un incendio nunha casa do núcleo urbano.
Foi un deshumificador o que orixinou o incendio. O aparello ardeu e prendeu na roupa que había no baño e que estaba a secar.
As lapas afectaron o andar superior da vivenda unifamiliar. Os inquilinos, "que se decataron do incendio afortunadamente pronto, ao escoitar un estoupido", pecharon a porta da estancia afectada ata a chegada dos bombeiros.
"Fixeron o correcto nestes casos, que é pechar o cuarto en que se estaba producindo o incendio e evacuar a vivenda", explica Roberto Domínguez, xefe da dotación do Consorcio provincial de Pontevedra, quen confirma que o deshumidificador está na orixe do lume.
A actuación dos servizos de emerxencia conseguiu a rápida extinción das lapas e non houbo que lamentar danos persoais. Os maiores danos están no cuarto de baño no que se iniciou o incendio, mentres que o resto das estancias están afectadas polo fume e polos propios traballos de extinción.