Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxados varios veciños no centro de Mondoñedo por mor do incendio nunha vivenda

Desaloxados varios veciños no centro de Mondoñedo por mor do incendio nunha vivenda

O lume calcinou por completo unha casa antiga de tres andares que tiña todo o interior de madeira

A casa tiña outras vivendas lindeiras habitadas polas que se temeu nun principio

No incendio de Mondoñedo foi necesario desaloxar os veciños das vivendas lindeiras
G24.gal 22/02/2026 11:13 Última actualización 22/02/2026 13:06

Incendio nunha vivenda antiga do centro de Mondoñedo a primeira hora desta mañá de domingo. Contra as 7:20 horas varios veciños alertaron a Emerxencias de Galicia de que saía moito fume no centro urbano da vila, en concreto na rúa Pardo de Cela.

Segundo lle relatou a Televisión de Galicia Manuel Lampón, cabo dos bombeiros de Barreiros, a casa era unha construcción antiga de paredes de pedra moi anchas pero totamente de madeira no interior: o que provocou que as lapas se espallases rapidamente. A casa, de tres andares, quedou totalmente calcinada.

Nun principio temeuse que o lume se extendera cara as dúas vivedendas lindeiras que estan habitadas, polo que consideraron necesario desaloxar aos residentes. Entre os desalosados estaba unha persoa con mobilidade reducida, que segundo relatou o Cabo dos Bombeiros de Barreiros xa fora desaloxada pola familia e veciños.

O lume foi tan voraz que cando chegaron os bombeiros o teito da vivenda calcinada xa estaba colapsado.

Amáis dos bombeiros de Barreiros tamén se desprazaron ao lugar do incendios a Garda Civil e Protección Civil. Olume axiña quedou controlado e as 11 da mañá xa non había peligro segundo explicou o cabo Lampón. Aínda así, ao longo do domingo manterase un retén para arrefriar a vivenda e evitar que as lapas se reaviven.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade