Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a toma de mostras para o proxecto Xenoma en Santiago e Barbanza

Comeza a toma de mostras para o proxecto Xenoma en Santiago e Barbanza

Nos vindeiros meses o Sergas citará as persoas do resto das áreas sanitarias convidadas a participar

Buscan identificar xenes relacionados con doenzas hereditarias e participar en estudos clínicos

G24.gal 22/02/2026 11:56 Última actualización 22/02/2026 12:29

A Xunta inicia este luns, 23 de febreiro, a toma de mostras de sangue dunha nova fase do proxecto Xenoma Galicia, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, na que se convidou a participar a máis de 5.000 persoas.

Segundo informa o Goberno galego nunha nota de prensa, tamén este luns enviarán un SMS de recordatorio para que as persoas propostas marquen a súa cita de extracción no hospital de referencia.

A través da aplicación Sergas Móbil están habilitados 703 ocos no Hospital Clínico de Santiago 125 para o Hospital de Barbanza. Desta forma, as citas están dispoñibles de luns a xoves en horario de tarde.

 

O obxectivo é recoller 828 mostras de ADN de persoas da área sanitaria compostelá e nos próximos meses, de forma progresiva, ampliarase ao resto de áreas, ata chegar a 5.000 participantes de toda Galicia.

Coas mostras búscase identificar xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, o síndrome de Lynch e hipercolesterolemia familiar, ademais de nutrir o biobanco do proxecto Xenoma Galicia e participar en estudos clínicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade