Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio provocado por unha estufa causa danos nunha vivenda de Mondariz-Balneario

Un incendio provocado por unha estufa causa danos nunha vivenda de Mondariz-Balneario

O lume deixou calcinado o segundo andar da casa, pero non houbo que lamentar danos persoais

O lume provocou importantes danos no segundo andar da vivenda (TVG) O lume provocou importantes danos no segundo andar da vivenda (TVG)
G24.gal 20/02/2026 20:32

Aparatoso incendio nunha vivenda unifamiliar de Mondariz-Balneario. O lume deixou calcinado o segundo andar da casa e todo parece indicar que se orixinou nunha estufa de pellets.

Os propietarios saíron polo seu propio pé da casa e afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. Segundo informaron os bombeiros de Pontereas, a vivenda non só quedou danada polo lume senón tamén polo fume que se propagou por todo o inmoble. De momento os seus propietarios non poderán volver á casa.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade