Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Vigo terá que pagar á familia do bombeiro falecido nunha derruba

O Concello de Vigo terá que pagar á familia do bombeiro falecido nunha derruba

A sentenza dun xulgado vigués di que a vítima asumiu durante catro anos responsabilidades superiores ao seu cargo 

O Concello recoñecía o dereito da viúva a cobrar eses cartos aínda que non estaba de acordo coas cantidades 

Edificio onde se produciu a derruba. Javier Vázquez/Europa Press (Arquivo). Edificio onde se produciu a derruba. Javier Vázquez/Europa Press (Arquivo).
G24.gal 19/02/2026 15:17

O Concello vigués terá que pagar á familia de Sergio Sanlés, o bombeiro que morreu nun derrube en maio de 2024, as diferenzas retributivas en varios complementos porque durante varios anos asumiu funcións superiores a súa categoría, en concreto de cabo e sarxento. 

O xulgado estima parcialmente o recurso da viúva

Na sentenza do xulgado do contencioso administrativo 2 de Vigo, do pasado mes de novembro, o xuíz estima en parte o recurso interposto pola viúva do funcionario, contra unha resolución municipal que rexeitaba as súas pretensións.

O xulgado expón que "non hai controversia entre as partes en canto ao feito constitutivo de que o finado, no seu posto de bombeiro do Concello de Vigo, desempeñou nos catro anos anteriores ao seu falecemento, gardas nas que asumiu as responsabilidades propias dos postos de sarxento e cabo".

O xuíz explica que o Concello de Vigo recoñece o dereito da viúva para percibir as diferenzas retributivas que lle puidesen corresponder ao seu marido, aínda que había controversia sobre a cantidade.

A familia cobrará as cantidades correspondentes a máis de 30 gardas 

Agora, o xulgado recoñeceu que a administración municipal deberá abonar as cantidades correspondentes a máis de 30 gardas realizadas polo bombeiro, como cabo e como sarxento, entre 2021 e 2024, incrementadas no interese legal correspondente. A resolución é firme, e non cabe recurso contra ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade