Publicador de contidos

Publicador de contidos

O médico enfermo de hantavirus será evacuado aos Países Baixos e non irá ás Canarias

O médico enfermo de hantavirus será evacuado aos Países Baixos e non irá ás Canarias

O Ministerio de Sanidade decidiu que sexa enviado aos Países Baixos en avións ambulancia canda os outros dous enfermos, ao experimentar unha mellora

O presidente canario pedírallle a Pedro Sánchez que non o mandaran ás illas, ao non ver garantidas as condicións de seguridade

Arquivo/Europa Press Arquivo/Europa Press
G24.gal 06/05/2026 09:49

O médico do cruceiro MV Hondius enfermo de hantavirus e que se atopa en Cabo Verde será evacuado aos Países Baixos en lugar das Canarias como estaba previsto, tras a melloría do seu estado de saúde, segundo informou este mércores o Ministerio de Sanidade.

Os tres pacientes infectados viaxarán a ese país a bordo de avións avións medicalizados.

Nun primeiro momento, o Ministerio de Sanidade designara Tenerife como referencia para a atención médica dos pasaxeiros do cruceiro afectado polo gromo de hantavirus, incluído o médico de a bordo, pero a decisión mudou ao experimentar unha mellora.

O presidente das Canarias, Fernando Clavijo, pedira unha reunión urxente co presidente do Goberno Pedro Sánchez para evitar que enviaran ás illas a este paciente, ao non ver garantidas as condicións de seguridade.

"Esta decisión non obedece a ningún criterio técnico nin nos proporcionaron información suficiente para manter unha mensaxe de calma e garantir a seguridade da poboación nas Canarias", dixo Clavijo desde Bruxelas, onde hoxe tiña programada unha reunión coa vicepresidenta da Comisión Europea Teresa Ribera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade