Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas saen ás rúas de Vigo para reclamar a gratuidade da AP-9

Centos de persoas saen ás rúas de Vigo para reclamar a gratuidade da AP-9

Sumáronse á marcha representantes do PP e do BNG

Os convocantes criticaron que o concello vigués non fixese ningunha declaración pedindo a eliminación das peaxes 

Participantes na manifestación de Vigo pedindo a eliminación das peaxes na AP-9 (Adrián Irago, Europa Press) Participantes na manifestación de Vigo pedindo a eliminación das peaxes na AP-9 (Adrián Irago, Europa Press)
G24.gal 20/02/2026 21:15

Centos de manifestantes percorreron na tarde deste venres as rúas de Vigo para pedir a fin das peaxes na Autoestrada AP-9.

Os participantes na marcha, que partiu da Praza de España e rematou na rúa Colón, ​d​enunciaron que a sociedade galega leva 40 anos pagando por unha infraestrutura esencial para vertebrar Galicia.

A manifestación, convocada pola Federación de Veciños de Vigo á que se sumaron o resto de federacións galegas, estivo apoiada polo Partido Popular e polo BNG. O PSOE non participou.

Desde o colectivo convocante criticaron que o concello vigués non fixese unha declaración institucional pedindo a gratuidade da autoestrada do Atlántico.  

 Ao finalizar, a presidenta da Federación Veciñal, María Pérez, leu un manifesto no que lembrou que a AP-9, a pesar de ser "a columna vertebral da mobilidade en Galicia" e estar amortizada tras catro décadas, segue sendo unha infraestrutura con peaxes, "xerando desigualdade, impactos ambientais e barreiras sociais".

Por iso, esixiu a inmediata supresión desas taxas en todo o percorrido da autoestrada, que son unha "carga económica diaria" para miles de galegos, e lembrou que outras autoestradas do Estado foron liberadas de peaxe, polo que a situación da AP-9 reflicte tamén "unha evidente desigualdade territorial".

Segundo subliñou, os continuos incrementos de peaxes estivo "por moi encima do custo da vida", especialmente desde 2003. Como exemplo, referíronse ao tramo entre Vigo e Pontevedra, cunha subida de "case un 82%".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade