Publicador de contidos

Publicador de contidos

Insultos e lanzamento de moedas obrigan a desaloxar o último pleno antes da moción de censura en Lugo

Insultos e lanzamento de moedas obrigan a desaloxar o último pleno antes da moción de censura en Lugo

Antes do inicio da sesión representantes da Federación Veciñal Lucus Augusti e outros lugueses entraron no salón de plenos e increparon a María Reigosa, concelleira non adscrita ao deixar o Grupo Socialista

A moción de censura, presentada polo Grupo Popular co apoio de Reigosa votarase o próximo sete de maio

Candia e Prado chaman o PSdeG e o BNG a deixar o “odio e a crispación” pola moción de censura en Lugo

EFE/Eliseo Trigo
G24.gal 30/04/2026 17:26 Última actualización 30/04/2026 17:41

Este xoves vivíronse momentos de tensión no pleno municipal de Lugo. Cidadáns convocados pola plataforma Transfuguismo non, Democracia si, entre eles varios repreentantes da Federación Veciñal Lucus Augusti, entraron a berros no salón de plenos minutos antes do inicio da sesión e proferiron insultos contra a ex socialista María Reigosa. Posteriormente interromperon o pleno e lanzáronlle moedas a edil, que apoia a moción de censura contra o alcalde prevista para o vindeiro 7 de maio.

Antes do inicio da sesión, varios centos de persoas concentráronse ante as portas do concello da capital lucense para protestar pola moción de censura anunciada polo Grupo Popular, co apoio da edil non adscrita, a exsocialista María Reigosa, e que, se todo segue segundo o previsto, tombará o Goberno bipartito e dará paso a un executivo liderado polos populares tras 27 anos.

A concentración prodúcese coincidindo coa sesión do último pleno ordinario que presidirá o socialista Miguel Fernández antes da moción, que se votará o vindeiro xoves 7 de maio.

O portavoz da plataforma, Lois Pérez, celebrou a contestación cidadá para "visibilizar o descontento, o rexeitamento e a indignación dunha parte moi importante da sociedade lucense", culpando as "prácticas levadas a cabo polo PP de Lugo e a señora Candia" para conseguir chegar á alcaldía de Lugo.

Antes de iniciar o pleno sucedéronse os asubíos e cánticos contra o Grupo Popular e contra Reigosa. O alcalde, Miguel Fernández, pediu aos asistentes "ser máis intelixentes" e silencio para tratar de evitar ter que desaloxar o salón de plenos.

De feito, a pesar de a tensión vivida no exterior, o pleno arrincou con normalidade. Unha vez empezado volveu a tensión e foi precisa a intervención da policía. O alcalde Miguel Fernández ordenou intervir ás forzas de seguridade para desaloxar o salón de plenos. Mesmo chegou a dicir que a sesión quedaba suspendida, pero minutos despois decidiu seguir coa orde do día.

Algún dos asistentes lanzaron moedas entre berros de "preeiros". "Quérennos silenciosos? Pois non", clamou unha persoa do público, onde se podía ler nunha pancarta: 'Xudas vendeuse por 30 moedas'.

Asubíos para a concelleira non adscrita. Europa Press/Carlos Castro Asubíos para a concelleira non adscrita. Europa Press/Carlos Castro
O alcalde Miguel Fernández ordenou intervir ás forzas de seguridade para desaloxar o salón de plenos

Á concentración previa acudiron numerosos membros do PSdeG, encabezados polo secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado por deputados da Cámara galega e diferentes alcaldes socialistas da provincia, así como representantes do BNG.

Esta é a segunda concentración que a plataforma convoca na Praza Maior de Lugo desde que a edil non adscrita e o PP anunciasen o rexistro da moción de censura.

 O portavoz da plataforma, Lois Pérez, celebrou a contestación cidadá para "visibilizar o descontento, o rexeitamento e a indignación dunha parte moi importante da sociedade lucense", culpando ás "prácticas levadas a cabo polo PP de Lugo e a señora Candia" para conseguir chegar á Alcaldía de Lugo.

Para o portavoz da plataforma, esta moción supón "vulnerar a vontade popular expresada nas urnas" nos comicios de 2023 e destacou que este tipo de accións "debilitan as institucións e a democracia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade