Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE arquiva a denuncias por suposto acoso laboral de Inés Rey e Xosé Manuel Lage

O PSOE arquiva a denuncias por suposto acoso laboral de Inés Rey e Xosé Manuel Lage

O PSdeG provincial da Coruña abriu un expediente informativo para analizar o sucedido e, tras desenvolver a investigación, a denuncia quedou sobresida e arquivada

O tenente de alcaldesa, Xosé Manuel Lage Tuñas, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, nunha imaxe de arquivo (Andy Pérez/Europa Press)
G24.gal 04/08/2026 13:17

O PSdeG provincial da Coruña arquivou a denuncia por suposto acoso laboral da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e do primeiro tenente de alcaldesa e portavoz do Gobierno local, Xosé Manuel Lage.

En 2025 dúas exconcelleiras socialistas, Eva Martínez Acón e Esther Fontán, denunciaron mediante a canle interna do partido un caso de suposto acoso laboral de Inés Rey e Xosé Manuel Lage.

O PSdeG provincial da Coruña abriu un expediente informativo para analizar o sucedido, e segundo informan a EFE fontes do partido, tras desenvolver a investigación, a denuncia quedou sobresida e arquivada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade