Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno nega o financiamento irregular do Partido Socialista que apunta Aldama

O Goberno nega o financiamento irregular do Partido Socialista que apunta Aldama

A portavoz, Elma Saiz, di que o partido pedirá amparo ante o Tribunal Supremo polas acusacións do empresario

G24.gal 30/04/2026 14:44

Haberá petición de amparo ante o Tribunal Supremo. É a resposta que se anuncia desde o goberno por parte da súa portavoz. Pedro Sánchez, sinalado por Víctor de Aldama, nas súa declaración ante o Tribunal, cancelou a súa axenda de hoxe alegando cambios de última hora.

"Non hai financiamento irregular do Partido Socialista", afirma Elma Saiz. 

Os socios de Sumar pechan filas co PSOE. Desde Esquerra republicana piden probas.

"Entendo que ten probas. Que as aporte", di Gabriel Rufián.

Pero desde Podemos apuntan a que a estas alturas é complicado seguir dando por coas as explicacións do Goberno.

"Vai levar tempo saber que hai no fondo desta cuestión", asegura Ione Belarra.

O PP din que hai probas que acreditan as acusacións de Aldama.

"Se o PSOE e o Goberno consideran que todo o que di Aldama é mentira, o que teñen que facer é poñer unha querela", di Esther Muñoz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade