Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra di adeus a Ravachol e ao Entroido e en Celanova e Mondoñedo andiveron de Piñata

Pontevedra di adeus a Ravachol e ao Entroido e en Celanova e Mondoñedo andiveron de Piñata

Loito e sentimento multitudinario en Pontevedra no enterro do loro Ravachol, o símbolo do entroido na cidade

Sábado de Piñata en Celanova: un broche perfecto de cores, musica e luces para despedir o Entroido

5.000 euros en premios en Mondoñedo para agasallar os mellores disfraces do desfile

Despedida do Loro Ravachol este sábado en Pontevedra
G24.gal 21/02/2026 20:29 Última actualización 21/02/2026 21:41

En Galicia o Entroido resístese a marchar. Cando noutros lugares xa están pesando na Coresma e despois de enterrar a Sardiña, Galicia aínda está de troula en moitas vilas e Cidades, esta fin de semana.

Este foi un sábado de loito e despedidas en Pontevedra. O enterro do loro Ravachol marca horas de tristura e porque toca dicirlle adeus ao simbolo da cidade no Entroido e ponlle fin ao Don Carnaval.

Este funeral e cremación de Ravachol incorporouse no ano 1985 ao Carnaval moderno pontevedrés e hoxe é a tradición do Entroido máis querida e na que máis participan os veciños. Antes da queima, a praza da Verdura foi o escenario do velorio que precede o desfile da Santa Compaña. Este ano Ravachol vestiuse esquimó en defensa de Groenlancia.

En Celanova festexaron o sábado de Piñata: desfile, charanga, música, e sobre todo, moita diversión e humor.  É unhas das celebracións máis esperadas do ano e que, por suposto, volveu encher as rúas. Un broche perfecto de cores, musica e luces para despedir o Entroido.

Nas rúas de Mondoñedo viviuse unha festa rachada para celebrar tamén o sábado de Piñata: cor, musica e baile para todas as idades. Logo, un dos pratos fortes, o desfile de disfraces, tanto individuais como  comparsas, que comparten o gusto por un evento no que se reparten 5.000 euros en premios.  Unha cita na que a troula está asegurada e na que participan tanto maiores coma cativos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade