Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comparsa Os Parrandas do Irixo triunfa no Entroido coa súa 'Revolución da colmea'

A comparsa Os Parrandas do Irixo triunfa no Entroido coa súa 'Revolución da colmea'

Co seu espectáculo con coreografías e múscica propias e os seus disfrades artesáns de abella gañaron o primeiro premio no desfile de Ourense e O Carballiño

Esta fin de semana de Piñata desfilarán en Celanova, O Carballiño e en Cortegada do día 28 

Os traxes están elaborados a man con materiais propios do campo.
G24.gal 19/02/2026 21:14 Última actualización 19/02/2026 21:46

Pasou o Mércores de Cinsa, pero o Entroido aínda non rematou... Porque queda esta fin de semana de Piñata nalgunhas localidades da provincia de Ourense, como O Carballiño. Alí desfilará o domingo a comparsa máis exitosa deste ano, que está arrasando con todos os premios. Chámase a Comparsa Os Parrandas do Irixo, e difrazados de abellas gañaron o primeiro premio en Ourense. 

Pola súa orixinalidade e o seu espírito do Entroido tradicional a comparsa Os Parrandas do Irixo está sendo a máis exitosa nos desfiles en Ourense. Hai tres anos que recuperaron a tradición dunha entinguida comparsa e agora xa son máis dun cento e seguen medrando, e gañando premios. E sobre todo Gozando xuntos do Entroido. 

E seguen aquelando os traxes porque aínda van seguir desfilando e dando espectáculo na fin de semana de Piñata. O sábado de Piñata estarán en Celanova, o domingo na Festa da Cachucha do Carballiño e o día 28 no desfile do Entroido de Cortegada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade