Morre un neno que recibiu un corazón danado en Nápoles e conmocionou Italia
O neno foi transplando cun corazón queimado sabendo que estaba danado
Flores en honra do neno falecido por recibir un corazón en mal estado. REUTERS/Salvatore La Porta
Domenico é o neno italiano de dous anos e medio que tivo a toda Italia pendente do seu estado tras recibir un corazón danado no mes de decembro.
Domenico tivo en vilo a toda Italia desde que en plenas festas de Nadal fora transplantado do corazón e, presuntamente, o órgano que recibiu estaba queimado, ao parecer, por graves deficiencias no transporte do órgano.
"Acabo de recibir a chamada da nai. Acabouse",con estas palabras, o avogado da familia informou os xornalistas que esperaban no hospital Monaldi sobre o falecemento do pequeno Domenico .
O avogado da familia confimando a morte do neno, este sábado á saída do hospital: Foto: Reuters/Ciro De Luca
O Hospital Monaldi tamén emitiu un comunicado para anunciar a morte do pequeno que tivo pendente a toda Italia:
"Con profundo pesar, o Hospital Colli anuncia que esta mañá, sábado 21 de febreiro de 2026, o mozo paciente, trasplantado o 23 de decembro de 2025, faleceu tras un empeoramento repentino e irreversible do seu estado clínico. A Dirección Estratéxica, xunto con todos os profesionais sanitarios e non sanitarios, expresa o seu máis sentido pésame e estende o seu máis sentido pésame á familia neste momento de inmensa dor".
A nai do neno, Patrizia Mercolino, afirmou que "o que pasou a Domenico non debe esquecerse" e, segundo o seu avogado, está a pensar en crear unha fundación en nome do seu fillo para axudar ás vítimas de neglixencia médica e aos nenos que non poden recibir transplantes.
Tras unha exhaustiva avaliación médica e o estudo dos últimos exames por un equipo de especialistas dos principais hospitais italianos especializados en transplantes pediátricos, concluíuse que as condicións actuais do neno non eran compatibles cunha nova intervención cirúrxica, a pesar de que este martes se notificara a posible dispoñibilidade dun órgano compatible.
Finalmente, a familia decidiu activar o protocolo do tratamento paliativo porque "xa non había esperanza".
O neno atopábase desde hai días estado crítico na unidade de coidados intensivos, conectado a un sistema ECMO (osixenación por membrana extracorpórea), que substitúe temporalmente as funcións do corazón e os pulmóns.
A nai do neno saindo do hospital trasa coñecer a morte de Domenico. FOTO: Reuters/Salvatore La Porta
Investigacións sobre o corazon que se transplantou sabendo que estaba danado
Segundo as primeiras investigacións sobre o transplante do corazón danado no Hospital Monaldi de Nápoles, o órgano que viaxou desde Bolzano, ao norte de Italia, danouse polo uso de xeo seco durante o seu transporte dentro dun contedor médico de plástico.
Do caso están a ocuparse tanto as fiscalías de Bolzano como de Nápoles, xa que se cre que o xeo seco foi un dos factores crave para o traslado dun corazón danado ao quirófano do Hospital Monaldi de Nápoles o 23 de decembro, pero o corazón do bebé foi implantado posteriormente a pesar de que xa estaba danado.
A nai do neno, Patrizia Mercolino, loitou ata o final para poder conseguir un corazón para o seu fillo e con ela envorcouse toda a cidade de Nola, onde vive co seu marido e outros dous fillos, que organizaron marchas para expresar o seu apoio