A chuvia non impediu pechar por todo o alto o Entroido co Enterro da Sardiña
En Ourense centos de persoas decidiron acompañar con mestura de tristura e celebración a representación desta sardiña desde a Praza Maior ata o Parque de San Lázaro
Mércores de Cinsa, remata un Entroido pasado este ano por auga que non arredou nin un chisco as ganas de entroidear....Tampouco botou para atrás as e os entroideiros no Enterro da Sardiña, unha celebración con moita tradición en numerosas localidades galegas.
Logo dunha semana de moita troula, tamén moita tradición, lugares como Ourense despediron o seu Entroido co tradicional Enterro da Sardiña. Malia a choiva centos de persoas decidiron acompañar con mestura de tristura e celebración a representación desta sardiña desde a Praza Maior ata o Parque de San Lázaro, un acto simbólico que pon o broche definitivo a unha das festas máis senlleiras desta provincia, berce indiscutible do Entroido e que dá paso, segundo a tradición cristiá, ao período de Coresma.