Xinzo de Limia despide o entroido no domingo de piñata
No último día do ciclo festivo, as rúas volvéronse encher de ocorrentes disfraces, ao fío da actualidade
Tamén se viron algunhas pantallas, pero xa de retirada
Os therians que esquivaron a quedada de Ourense si se apuntaron ao entroido de Xinzo, iso si, con máis sorna que identidade animal.
Algunhas pantallas e máis animais no domingo de piñata, algúns fáciles de identificar e outros máis complicados de ver.
No entroido de Xinzo vale todo. Hai quen se disfraza con calquera cousa... E outros dedícanlle moitas horas de traballo e de ensaios.
O realismo dalgunhas escenas mesmo chega a confundir o espectador. É coma un teatro de variedades. Mires onde mires, hai algunha representación.
Tamén os máis pequenos tiveron o seu espazo, respectando a tradición do domingo de piñata.