Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer en Galicia esta fin de semana

Que facer en Galicia esta fin de semana

Entre os eventos gastronómicos están a festa do polbo do CArballiño e a da lampresa seca de Arbo

A Maruxaina volverá echer Cervo

Entre os eventos musicais destacados están o Castelo Rock e a festa da Carballeira de Zas

G24.gal 07/08/2026 15:47 Última actualización 07/08/2026 17:35

Este domingo celébrase a 64 edición da festa do polbo do Carballiño, unha das romerías gastronómicas máis famosas de Galicia. 

En Vilargarcía terá lugar a festa da ameixa de Carril e na veciña Vilanova fanlle o propio ao mexillón e o berberecho. Aguiño, en Ribeira, homenaxea á navalla, e en Noalla, Sanxenxo, prepararán 26.000 ostras.

En Arbo é a protagonista será a lamprea seca, onde o peixe afumado é tradicionalmente preparado á brasa.

A alameda de Verín acolle a feira do viño de Monterrei. Ofreceránse como non, degustacións a prezos populares.

Moi popular é tamén, a festa do monte da Guarda. A tradicional subida a Santa Trega, con romería incluída, é o domingo.

Celanova viaxará ao ano 132 despois de Cristo grazas ao folión castrexo, que recorda o pacto asinado cos romanos, coroado por un xantar campestre.

E o xuízo popular á Maruxaina ten lugar en San Cibrao este sábado.

En ducias de parroquias celebrarase o San Mamede, a Virxe das Neves ou a Peregrina. Pontevedra conmemora á súa patroa cunha extensa programación na que incluso hai espectáculos como o de Fran Sieira, Benquerer. 

O concello de Avión conectarase con México, na festa que os migrantes dese país organizan por todo o alto cada verán.

Para cultura urbana e deportes de acción, a cita está en Vigo, no Marisquiño.

Acabamos con ritmo. Este ano encabezan o cartel do Castelo rock as bandas internacionais Big Special e Kid Kapichi. 

Música en directo, proximidade co público e relación coa contorna, son tres piares en que se fundamente o festival de Muros e mais a festa da Carballeira de Zas, onde actuan este noite El Nido, Baiuca e David Pasquet.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade