As cadeiras anfibias están asociadas o servizo de socorrismo, pero son aínda pouco demandas
Permiten que as persoas con problemas de mobilidade accedan á area e se poidan bañar no mar
Os socorristas animan a que calquera que o precise se anime a solicitar o servizo
Nos indicadores das praias é habitual topar cada vez máis elementos de accesibilidade, pero non todos son tan visibles como as ramplas.
Un dos que cada vez está máis presente nos areais son as cadeiras anfibias, asociadas en xeral ao servizo de socorrismo. Pablo, Uxía e Fernando, socorristas no areal de Cabío, na Pobra do Caramiñal prestan este servizo a calquera persoa con mobilidade reducida que o solicite.
"A min gústame que me veñan pedir a cadeira anfibia, porque estamos axudando a que a a xente con dificultade para camiñar na praia poida disfrutar tamén da auga, apoiados por nós ou polos seus acompañantes, cos que teñen máis confianza".
Malia que cada vez hai máis cadeiras anfibias en praias de toda Galicia, os que se ocupan poñela a disposición de quen a precise cren que se usan relativamente pouco porque é un servizo que aínda non é suficientemente coñecido.
"Que non teñan vergoña porque é algo que está posto para utilizalo".
Por iso animan a que os posibles usuarios se informen tanto nas oficinas de turismo coma directamente nos postos de garda e gocen plenamente da praia.
"Toda a temporada, de xuño a setembro, temos a cadeira dispoñible para calquera persoa que a necesite".
Os socorristas din que gozan de poder axudar a que outras persoas poidan gozar tamén na auga