Cargando resultados...
Vilanova de Arousa despide o Entroido co desfile do Momo
Unha vintena de comparsas participaron no festexo que foi seguido por unha multitude de veciños e visitantes
G24.gal
22/02/2026 21:33
Última actualización 22/02/2026 21:51
A comarca do Salnés despediu as celebracións do Entroido coa Festa do Momo en Vilanova de Arousa. aproveitando o bo tempo, unha multitude de visitantes e veciños acompañaron a vintena de comparsas que integraban o desfile polas rúas da vila arousá.
O centro de todas as miradas foi un ano máis o Momo, unha figura referente a algún personaxe de actualidade e que acaba queimándose nunha cacharela no paseo marítimo. Festa, música e moita diversión encheron os festexos para dicir adeus ao entroido ata o ano que vén.