Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas rescatadas dun tellado onde se refuxiaron dun incendio en Rois

Dúas persoas rescatadas dun tellado onde se refuxiaron dun incendio en Rois

Aínda que non quedou ninguén ferido por mor do lume, unha persoa tivo que ser atendida no lugar polo equipo médico

Ao parecer, o incendio comezou nunha habitación situada na planta inferior da vivenda, o que dificultou que os ocupantes puidesen saír

G24.gal 23/02/2026 12:06

Dúas persoas necesitaron ser rescatadas este luns dun tellado no que se puxeron a salvo tras un incendio nunha vivenda en Rois (A Coruña).

Segundo informa o 112, sobre as 6:30 horas recibiuse aviso do lume que comezou no interior dunha vivenda Oín de Abaixo, no citado municipio, na que había cinco persoas, das cales dúas buscaron refuxio no tellado.

Aínda que non quedou ninguén ferido por mor do lume, unha persoa tivo que ser atendida no lugar polo equipo médico, sinala a central de emerxencias.

Ao parecer, o incendio comezou nunha habitación situada na planta inferior da vivenda, o que dificultou que os ocupantes puidesen saír.

Grazas á intervención dos membros do GES de Padrón, aos poucos foron abandonando o inmoble e as dúas persoas acubilladas no tellado foron rescatadas polo equipo de emerxencias.

Unha habitación quedou calcinada e toda a casa sufriu os efectos da acumulación de fume

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade