Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros permaneceron ata a madrugada no edifico incendiado en Mondoñedo

Os bombeiros permaneceron ata a madrugada no edifico incendiado en Mondoñedo

Os veciños desaloxados volveron ás súas vivendas unha vez arrefriadas tras as altas temperaturas acadadas

Félix Aragunde 23/02/2026 13:27

Os bombeiros do parque comarcal de Barreiros permaneceron no incendio dun edificio en Mondoñedo ata as dúas da mañá, cando o deron extinguido por completo. Pola súa parte, os residentes nas vivendas lindeiras puideron volver ás súas casas unha vez baixaron as altas temperaturas acadadas no seu interior. 

En total, foron desaloxados media ducia de veciños, dous dunha casa e catro doutra, entre os que había unha persoa maior coa mobilidade reducida. Todos saíron ilesos grazas aos mozos que os foron alertar e que fixeron canto puideron para evacualos dos seus fogares.

O inmoble que ardeu, por causas que se descoñecen, levaba anos en obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade