Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home e os seus pais por matar un veciño que protestaba porque facían moito balbordo

Deteñen un home e os seus pais por matar un veciño que protestaba porque facían moito balbordo

Acoitelárono con varias armas brancas e golpeárono cun bate de béisbol

Vivían no mesmo edificio dun barrio de Valencia e a vítima xa os denunciara antes por comportamentos incívicos 

G24.gal 23/02/2026 14:39

Os veciños do Barrio de Benimámet, en Valencia, están conmocionados polo desenlace mortal dun conflito veciñal. A tensión estalou na tarde deste domingo, cando un residente do segundo piso dun edificio do Carrer e Gavarda se foi queixar de que outro veciño do terceiro andar tiña a música moi alta. A vítima é un home de 58 anos que mantiña unha complicada convivencia cos seus presuntos agresores, aos que denunciara en varias ocasións por comportamentos incívicos. 

"Si que tivo problemas por ruídos e por cousas; chamaba a policía, viñeron tres ou catro veces, estaban denunciados".

Nun principio a policía detivo só o veciño do terceiro andar, de 35 anos de nacionalidade romanesa, pero máis tarde, arrestaron tamén os seus pais, porque as primeiras análises do cadáver evidenciaban qu e tiña feridas de varios tipos de coitelos, amáis dos golpes dun bate de béisbol. 

É o segundo crime veciñal en só duas semanas en Valencia a raíz dunha disputa semellante. Hai 15 días foi un veciño de Catarroja o que o matou a otro dun tiro cando lle foi recriminar que tiña o nivel da música moi alto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade