Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmatelan tres clínicas ilegais que empregaban bótox e ácido hialurónico sen autorización sanitaria

Desmatelan tres clínicas ilegais que empregaban bótox e ácido hialurónico sen autorización sanitaria

As clínicas clandestinas estaban en Tarragona, Valencia e Alacant 

Traficaban co material que mercaban na China sen pasar polos controis da Unión Europea 

Fixeran 2.000 envíos nun ano a España, ao Reino Unido e Lituania e tiñan 1.500 unidades almacenadas

G24.gal 15/04/2026 14:32

Este é un dos domicilios en que a través dun rastrexo das redes a Garda Civil detectou que se estaban realizando tratamentos estéticos sen a conseguinte autorización sanitaria. Primeiro deron cun destes centros ilegais en Tarragona e posteriormente outros dous en Valencia e Alacant. 

Non só facían servizos como clínica clandestina, ademais funcionaban como centro de distribución a nivel nacional e internacional 

O que distribuían sobre todo é botóx e ácido hialurónico, dous medicamentos moi usados en intervencións estéticas.

Segundo detallou o responsable da operación Zlata, fixeran máis de 2.000 envíos nun ano, o 75 % a territorio español e o resto sobre todo ao Reino Unido e Lituania, e tamén concretou a orixe do material. 

A compra facíana na China sen pasar polos controis sanitarios da Unión Europea

Recalcaron tamén os responsables da operación que o aumento da demanda das intervencións estéticas, - incrementaron nun 200 % nos últimos dez anos - é o que fai que sexa un campo tentador para a fraude e unha práctica de risco se se fai sen as debidas garantías, por iso a Garda Civil a ten cada vez máis no foco das súas patrullaxes polas redes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade